O pacto recolle que as conversións a indefinido realizaranse cada seis meses (actualmente era cada ano) e que as interinidades cubriranse inmediatamente sen espera-lo prazo deses seis meses.
O mantemento dos postos de traballo é un dos obxectivos do esforzo da Sección Sindical de CGT na empresa que ademais continúa atenta para que non subcontraten traballos e tarefas que realizan os traballadores do centro, como ten pasado con Atlas:
Nuns tempos chamouse “Eurocén”, agora faise chamar “Atlas”; os veteranos chamábanlle “Zarabanchel”. O caso é que regresou e Inditex conseguiu, de momento, quitar aos traballadores carga de traballo para subcontratala nunhas condicións laborais de miseria e explotación.
A estratexia é clara: fronte a unhas condicións de traballo cun mínimo de dignidade acadadas ano a ano, Inditex busca ceder parte da carga de traballo a unha empresa “tapadeira” que aplica condicións de traballo moito peores: sen convenio de aplicación, sen horarios, con xornadas de até 15 horas continuadas de traballo durísimo, sen descanso ou cun descanso ridículo, meses con 229 horas de traballo, semanas de 74 horas…, imposibilidade de facer uso das licenzas, contratos temporais a tempo parcial cobrando cantidades ínfimas, prevención inexistente, sen vacacións, cobrando a hora a 5’18€ netos, … e o que proteste, xa sabe onde está a porta.
Esta humillante explotación xa foi denunciada polo Comité de Empresa de Zara Loxística, con presencia de CGT, e a Inspección de Traballo realizou unha investigación que aínda non rematou. Pero non podemos agardar e que esta estratexia se consolide ou se estenda a outras tarefas. O Comité de Empresa decidiu por unanimidade loitar até que estas prácticas semiescravistas rematen e nos devolvan a carga de traballo que pretenden subcontratar para evitar ter que paga-los nosos salarios.
CGT A Coruña - http://www.cgtgalicia.org/2012/02/por-un-traballo-digno-en-zara-loxistic...




















Comentarios
Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.
Enviar un comentario nuevo