CIG e CC.OO apoian un ERE extintivo que peche definitivamente os catro centros de traballo de Alfageme. A CGT négase a asinalo, pois considera éste ERE como a culminación dun fraude social e unha traición aos traballadores e traballadoras.

CIG e CC.OO apoian un ERE extintivo que peche definitivamente os catro centros de traballo de Alfageme. A CGT négase a asinalo, pois considera éste ERE como a culminación dun fraude social e unha traición aos traballadores e traballadoras.

Onte, día 3 de novembro, celebrouse na sede de Alfageme en Vigo, a prevista reunión da representación das e dos traballadores das catro factorías de Alfageme (Vilaxoan, Ribadumia, O Grove e Vigo) coa administración concursal e a empresa, para valorar e pronunciarse sobre a proposta da administración concursal dun novo ERE, neste caso de extinción da relación laboral de toda a plantilla de cada un dos catro centros de traballo, xa que o ERE temporal actual finaliza o próximo día 16 de novembro.

A CGT manifestou o seu rexeitamento a este proposta de ERE extintivo e liquidatorio, tanto de postos de traballo, como na práctica, de industrias. Ao tempo se pronunciou a favor dun ERE temporal, suspensivo e non extintivo, por un prazo de 30 días. Nese tempo poden frutificar as xestións que todas as partes implicadas están a realizar para reanudar a actividade conserveira de Alfageme, ao menos, nas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, segundo o anunciado no Plan de Relanzamento asumido por todas as centrais sindicais o 13 de setembro.

As outras dúas centrais sindicais, CIG e CC.OO, votaron a favor do ERE extintivo, é dicir, da liquidación da empresa e da renuncia ó posto de traballo para toda a plantilla.

A CGT considera un fraude social e un fracaso colectivo, o feito de que a empresa Alfageme entrase fai seis meses en Concurso voluntario de acredores, con un patrimonio acreditado oficialmente superior en 26 millóns de euros ao das súas débedas, e pretenda rematar agora o proceso co peche das catro factorías, co envío ao paro de decenas de traballadores e coa perda de tecido industrial conserveiro na comarca do Salnés, xa afectado por un paro que supón máis do 20% da súa poboación activa.
Na vindeira xuntanza coa administración concursal sobre este tema, prevista para o día 9 deste mes, a CGT defenderá que non será posible ningún acordo con esta central sindical e as traballadoras que representa que non pase polo mantemento da actividade industrial na comarca do Salnés e o inicio, o máis pronto posible, da produción conserveira coa plantilla que non se resigne a rescindir o seu contrato e defenda manter todos os seus dereitos laborais e económicos garantidos. Para a CGT, estas dúas condicións non só son necesarias, senón tamén son posibles e realizables no prazo dun mes.

Consideramos a actitude de CC.OO e de CIG neste proceso un exemplo da ruindade das súas burocracias sindicais, pois dende fai meses renunciaron a defender os postos de traballo e o tecido industrial da comarca e, agora, poñen a guinda final a este fraude, asinando o ERE extintivo para toda a plantilla.

A CGT non entorpecerá nin apoiará as negociacións que os representantes de traballadores pertencentes ás outras centrais sindicais, CC.OO e CIG, poidan realizar para que aquelas e aqueles que se acollan ao ERE extintivo o fagan nas mellores condicións posibles. Con todo, non hai que esquecer que a proposta da administración concursal móvese nos topes de indemnización previstos legalmente que, no estado actual da Empresa, na práctica rematará nun máximo 12 mensualidades, con independencia dos días por ano traballado que se pacten.

En Vilagarcía a 4 de novembro de 2010. CGT-Arousa

http://www.cgtgalicia.org/2010/11/a-cgt-negase-a-firmar-un-ere-liquidatorio-para-alfageme/


Fuente: CGT-Arousa