Ante os feitos ocorridos no estadio de Balaidos durante o partido do Celta-Fenerbahaçe queremos informar do seguinte :

Ante os feitos ocorridos no estadio de Balaidos durante o partido do Celta-Fenerbahaçe queremos informar do seguinte :

1º A.S.K. é unha asociación de solidariedade co pobo kurdo legalmente constituída e rexistrada no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia

2º Durante o partido citado, dous membros de devandita asociación foron detidos e quitados do estadio por un despregue desmedido de policías.

3º Os dous socios do A.S.K. non mostraran acto algún de violencia, nin sequera participaran no despregue da pancarta que co lema FREEDOM FOR KURDISTÁN foi mostrada a máis de 30 metros de onde eles estaban.

4º A detención baséase en que un deles leva posta unha camiseta co anagrama da asociación coas siglas A.S.K., e o outro unha bandeira con devandito anagrama.

5º Os policías recoñecen descoñecer tanto as siglas como os anagramas. Aínda así din que son unha provocación .

6º Preguntámonos como pode provocar algo que non se sabe que é. Preguntámonos
quen é o responsable que decide que aquilo é unha provocación. Preguntámonos
como unha camiseta posta debaixo dunha cazadora, apenas visible a dez metros, pode provocar a unha afeción que está ao outro extremo do campo de fútbol.

7º Esiximos saber quen deu a orde de conculcar o dereito á libre expresión dunha asociación legalmente constituída. Foi seica un deses policías, que segundo a prensa viñeran de Turquía, (país que está en todos os informes internacionais como nefasto exemplo de falta de liberdades, de tortura sistemática e de desprezo polos dereitos das súas minorías) quen ordeou á policía dun estado de dereito que cometese un acto ilegal segundo a nosa lexislación.

8º Aos dous detidos comunícaselles que serán multados, ignorando aínda a cuantía das multas que obviamente será recorridas.

9ª A asociación está estudando as accións legais que se levarán a cabo en contra do que considera un atropelo dos seus dereitos constitucionais.

Asociación de Solidariedade con Kurdistán A.S.K.

Vigo 1 de Decembro do 2006

Asinado :

F. A. M. (secretario de A.S.K.)

Tf. 652 57 47 52


Par : COSAL-OVIEDO