O próximo luns 22 de abril

O próximo luns 22 de abril as traballadoras e traballadores de Atento no centro de Coruña estamos chamados a unha folga de 24 horas. Con esta nova xornada de loita queremos lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia.

O próximo luns 22 de abril as traballadoras e traballadores de Atento no centro de Coruña estamos chamados a unha folga de 24 horas. Con esta nova xornada de loita queremos lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia. As principais reivindicacións da convocatoria son o cese dos despedimentos e das presións, que se impartan as formacións que precisamos para poder desenvolver o noso traballo e que se nos habilite o tempo necesario para terminar as xestións das chamadas e para poder respirar entre unha e outra.

Temos que aturar que un sistema de incentivos -nunca negociado e moi mellorable- se transforme unilateralmente en obxectivos de obrigado cumprimento (inalcanzables, modificados a antollo e empregados como arma de destrucción de emprego). E temos que loitar por ver recoñecidos dereitos de conciliación familiar en situacións que non son discutibles nin interpretables.

A empresa insiste en asoballarnos de xeito contumaz, obstinada en facernos perder terreo aos poucos en asuntos que, en apariencia «menores», moito nos custou ter recoñecidos: un mínimo de flexibilidade no control horario, unha organización xusta e racional das vacacións, libranzas e descansos, unha metodoloxía de traballo acorde co que supón estar moitas horas atendendo chamadas… Cada vez estamos máis afogadas con novas funcións, saíndo do paso pola nosa conta porque a formación non abonda nin se poñen recursos para mellorala; e esas novas tarefas asignadas non teñen un recoñecemento salarial (de categoría profesional, polo tanto).

Esta mes de abril lembramos tamén dúas efemérides: 142 despidos en 2013 e 17 despidos en 2015. En ambos conflitos, grazas á loita obreira e a mobilización conseguiuse a anulación de todos eles. O vindeiro luns 22 de abril será unha data máis na que lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia.

A Coruña a 17 de abril de 2019

Salud

CGT Atento Coruña


Fuente: CGT Atento Coruña